Salvador García-Bodaño nació en Teis (Vigo, Galicia) y murió en Santiago de Compostela en 2023. PARADIGMAS EXISTENCIAIS Era a primeira luz cabo do mar cas gaivotas a chiar sobre os seus peitos. Ou, nai, portal aberto dende a nada a esta fera antesala de ningures. Muros e labirintos e esfinxes contra os berros traídos polo vento. Os humanos condenan aos humanos nos recantos da fame e da miseria. Ou, nai, miña nai ha tempo perdida ¿onde o teu mundo amante e xeneroso? ¿onde aquela esperanza compartida? ¿o noso agardar por un tempo novo? As palabras engánannos na tv, nos xornais e nas radios do poder. Xa máis nada hai que conformidade. Nin queda a dignidade da...
Grupo de traducción de poesía del español y al español creado y coordinado por CARLOS VITALE